Presentamos de novo o "Obradoiro de poesía de Culleredo",que será a terceira edición impartido, un ano mais polo poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello, que se esta a consolidar como un espazo de formación e coñecemento para a poesía, contribuíndo de seguro a aprezar a poesía, animar a escrita, e a crear novos valores da poesía galega,das mais interesante e importantes de Europa.
Organizado pola concellería de cultura do Concello de Culleredo e a bilioteca da poesía "Uxio Novoneira " de Vilamelania-Vilaboa, que tan esencial e magnifica laboura realiza a prol da poesía, e que conta xa con mais de 5.000 libros de poesía, e constantes presentacións e recitais de poesía, o obradoiro constara de seis sesións, cun total de 12 horas e 20 e de matricula, e presentara uns contidos e obxetivos, anovados e distintos, a cursos anteriores.
A data de inauguración será a do luns 28 de marzo e os días 4/11/18/25 abril e 2 de maio, e esta dirixido a persoas maiores de 16 anos, con prazas limitadas a 30, debendo formalizar a inscrición na Concellería de Cultura- Edificio de servizos múltiples- Tlf. 981665597 - e-mail: servizosmultiples@gmail.com
Como en edicións anteriores deste obradoiro, unha vez rematado procederase a edición dun caderno-libro que conterá unha selección dos mellores poemas escritos polos participantes. Temos publicados conxuntamente con espiral maior no 2009 "Poemas de amor e cidade"- no 2010 "Mazás vermellas"
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER