Programación Ciclo de Teatro na Primavera: Adolfo Marsillach. "Teatro de ningures"

Dende hai mais de dúas décadas a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo ven destacando dentro das súas actividades unha importantísima programación teatral estable, dividida no outono teatral e no ciclo de teatro da primavera que adicamos a Adolfo Marsillach.

Este ano contamos coas mellores compañías e producións como Teatro de Ningures, Ancora Produccións, Malasombra Teatro, Teatro do Adro, Talia Teatro e os cullerdenses "Teatro do Atlantico"; que nos permiten contar cos mellores autores, directores e actores, como Xulio Lago, Anxela Abalo, Gustavo Pernas, Marcos Orsi, Avelino Gonzalez, Maria Barcala, Artur Trillo, Josito Porto,etc.

O vindeiro venres día 18 de marzo ás 20:30 horas no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo, terá lugar a primeira das funcións teatrais que forman parte do programa dos Encontros Culturais de Primavera .Letras Galegas 2011 que organiza a Concellería de Cultura e que comezará coa representación da obra "0,7 MOLOTOV" a cargo de Teatro de Ningures. Obra gañadora do XIV Premio "Rafael Dieste" da Deputación da Coruña.

Nestes Encontros Culturais da primavera 2011 pasarán pola nosa sala algunhas das mellores produccións teatrais que se están a realizar en Galicia (con autores, directores, actores e actrices como Gustavo Pernas, Ánxela G.Abalo, Xulio Lago, María Barcala, Josito Porto...). E dos grupos queremos destacar, pola súa vinculación con Culleredo, onde teñen a súa sede, a Teatro do Atlántico que vai poñer en escena a obra "Memoria de Helena e María". Ao longo destes próximos meses poderemos disfrutar con comedias como "Botamán de Melide" de Áncora Produccións, "Go On " de Malasombra Teatro, "Ai, Carmela" de Teatro de Adro ou "Pelos na Língua" de Talía Teatro

Son xa máis de 20 anos de programación teatral estable no Concello de Culleredo. Ao longo deste tempo foron numerosos os esforzos dedicados a poder conseguir consolidar unha oferta teatral regular. Pero a constancia e a perseveranza dan os seus froitos e hoxe Culleredo é un referente neste ámbito artístico: son máis de vinte as representacións teatrais que, entre as tempadas de primavera e outono, se ofrecen ao cada día máis numeroso público.


Os encargados de abrir este ciclo será "TEATRO DE NINGURES" coa obra "0,7 MOLOTOV" gañadora do XIV Premio "Rafael Dieste" da Deputación da Coruña escrita por Santiago Cortegoso quen se encarga tamén da dirección.

No contexto dunha hipócrita e consumista sociedade occidental, na que a solidariedade, o compromiso político e as conciencias se mercan en cómodos prazos, EL -nihilista e solitario- contrata a ELA -neohippy solidaria recén chegada de África- para que que lle axude a vendimar as uvas que o afastan das gadoupas dun capitalismo globalizado e salvaxe, que se expande como un gas que non pode evitar respirar nin no máis afastado recuncho dun mundo inxusto e contraditorio. ELA, sedenta dunha identidade libre de conflitos, expía as súas culpas entre a terra, as estrelas e un vento que os devolverá ao comezo do viacrucis.

O elenco de "0,7 Molotov" está integrado por ROCÍO GONZÁLEZ, SALVADOR DEL RÍO, ANA BEATRIZ PÉREZ e ARMANDO MARTÉN dirixidos por SANTIAGO CORTEGOSO.

Despois de vinte anos de actividade teatral profesional, Teatro de Ningures (fundada en 1986) reúne unha serie de recursos humanos, técnicos e materiais que fan desta compañía unha das máis estables de Galicia e un punto de encontro imprescindible para os profesionais do sur do país, así como unha referencia no panorama teatral galego. A compañía conta neste momento cun elenco estable, que traballa nas distintas obras que a mantén en cartel, formado por cinco actrices, cinco actores e dous técnicos. Todos eles gozan de recoñecido prestixio dentro do mundo do teatro galego, con premios e mencións ao seu traballo. Ademais, é unha empresa na que traballan actores, técnicos e creadores de toda Galicia, pero fundamentalmente da provincia de Pontevedra, tendo nesta compañía un centro de traballo indispensable. Deste xeito, esta compañía posibilita a saída profesional e artística de moitos profesionais de toda Galicia, intentando nos últimos anos integrar xente nova, apostando por novos valores para a escena galega, contribuíndo á súa formación e á normalización do mercado de traballo teatral.

Está recomendada para público adulto e os prezos das entradas son de 4,00 € para público en xeral e 2,00 € para estudantes e maiores de 65 anos.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina