Carmen Bouza Bao, veciña de Castro (Vilaboa), ven de cumprir 102 anos. O domingo pasado celebrouno coa súa familia: 2 fillas e un fillo, 6 netos, 8 bisnetos e un tataraneto, máis outro que ven en camiño.
Na foto está acompañada pola súa filla Manuela Candal, as súas netas María, Carmen, Estrella, e o seu neto Jose.
A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, acudiu a súa casa para felicitala polo seu aniversario en nome do Concello e entregoulle un ramo de flores en nome dos cullerdenses. Como curiosidade sinalar, que aínda conservaba o ramo que lle deu o ano pasado e que agora substitui polo deste.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER