O Concello de Culleredo creará un grupo especial para mellorar o estado da rede viaria do municipio e recuperar distintos espazos públicos. O goberno local que preside Julio Sacristán presentou este proxecto ao programa de emprego promovido pola Xunta a cargo do Fondo Social Europeo. A resolución autonómica concede a contratación de 11 persoas desempregadas ao Concello de Culleredo.
Esta brigada estará composta por tres albaneis, dous peóns, cinco peóns forestais e un auxiliar para traballos forestais. Durante seis meses ocuparanse de efectuar reparacións e limpezas nas zonas que o requiran.
O goberno local destina 104.000 euros á contratación destes 11 traballadores, en virtude da subvención recibida por Traballo. O contrato será por xornada completa e a axuda inclúe tanto os custos salariais como a cotización á Seguridade Social.
As tarefas que centrarán o traballo da brigada consistirán en executar os arranxos que necesiten prazas e diferentes zonas públicas das diferentes parroquias, incluíndo a contorna urbana. Polo demais, as intervencións abarcarán a limpeza de cunetas e bordos das estradas e as reparacións de beirarrúas.
O Concello de Culleredo apostou por dedicar a axuda á contratación de desempregados a un servizo de "máximo interese" como a creación dun grupo especial para mellorar aspectos da rede viaria, "que loxicamente requiren arranxos co paso do tempo". Así mesmo, o equipo de goberno destaca que coa subvención lógranse crear 11 postos de emprego, o que resulta de "primeira necesidade" nestes momentos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER