A Concellaría de Educación de Culleredo ten aberto o prazo de matrícula para os meses de xullo e agosto, para inscribirse nas actividades do Programa Ponte a punto: programa de apertura de centros escolares públicos en horario non lectivo, que vai dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, así como a 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria.
As actividades que contempla o programa son as siguientes: “RefórzaT”, consistente nun apoio e reforzo dos aprendizaxes escolares, “ConciénciaT”, con accións potenciadoras da ensinanza das ciencias e as matemáticas con metodoloxías divertidas, e “Estudo con TecniK”, conxunto de ferramientas que axudan a mellorar o rendimento e facilitan o proceso de memorización e estudo.
Durante o periodo estival a actividade desenvolverase no edificio do Conservatorio Profesional de Música. O programa vai dirixido a todo o alumnado empadronado en Culleredo, incluído o dos colexios concertados radicados no municipio.
O prazo de matrícula permanecerá aberto ata a cobertura de prazas e ésta formalizarase no departamento municipal de educación situado no edificio do Conservatorio profesional de música, na planta menos 1.
Con esta nova iniciativa, financiada en parte pola Consellería de Educación, o concello pretende fomentar o éxito escolar mellorando o rendimento do alumnado de Culleredo, e desta maneira contribuir a previr o fracaso escolar.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER