O Concello de Culleredo clausurou os obradoiros de cociña e habilidades sociais e “O teu novo pais o teu novo idioma”, nos que participaron maioritariamente inmigrantes. A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, acudiu ao acto e realizou a entrega dos diplomas conmemorativos.
Os participantes degustaron unha merenda elaborada polas alumnas do obradoiro de cociña para celebrar a conclusión do curso. Jabares resalta que todos os asistentes aos obradoiro quedaron “moi satisfeitos co resultado” das dinámicas.
A responsable de Benestar Social apunta que a programación de obradoiros perseguía especialmente a “integración da poboación inmigrante” na vida do municipio e a mellora da súa capacitación en habilidades de uso cotiá.
Tamén foi clausurado o obradoiro o teu novo idioma e algúns dos participantes leron unhas redaccións sobre como sería a sua cidade ideal.