Entrega dos premios do XIV Concurso de Pintura ao Aire Libre

O Concello de Culleredo organiza o próximo mércores 3 de agosto, ás 20.00 horas, na Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico “Ría do Burgo” o acto de entrega de premios do XIV CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE “PINTOR ARGÜELLES”, organizado polo Concello, e no que colaboran, aportando diversos premios, EL CORTE INGLÉS, GADISA, ÓPTICAS SÁNCHEZ RUBAL E SUTEGA, así como o propio Concello de Culleredo.

Este concurso realízase na memoria do pintor Julio Fernández Argüelles, que naceu en Astorga en 1923 e faleceu na Coruña no ano 2002. Mariño mercante moitos anos, impartiría logo clases, como catedrático de Dereito Marítimo, na Escola de Náutica, da que tamén sería Director. Paralela á súa actividade profesional, a faceta de pintor foi unha constante dende a súa adolescencia. Membro dende 1972 da Real Academia de Belas Artes “Nosa Señora do Rosario”, en 1998 será elixido presidente da institución.

Ademais de realizar numerosas exposicións pola xeografía española, recibiu diversos galardóns, como a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago, sendo membro de honor de varias Reais Academias (Málaga, Valencia e Zaragoza). A súa obra encóntrase en museos e coleccións tanto públicas como privadas en España e América. Cultivou tamén a escultura, realizando unha serie de decoracións escultóricas na igrexa de Santa Xema.

Dende a primeira edición, celebrada en 1998, Julio Fernández Argüelles colaborou estreitamente, ata o seu falecemento, con este Concurso de Pintura que leva o seu nome. En setembro de 1999, na Sala de Exposicións “Xosé Rey Lago”, realizouse unha importante exposición de pintura dos seus “Retratos imaxinarios”. E en moitas ocasións achegábase a visitar as mostras de novos artistas presentadas na Sala.

O Concello de Culleredo agradeceulle o seu cariño e, ademais de continuar coa celebración do Concurso, por acordo da Corporación Municipal dedicóuselle unha rúa no Burgo, para que sempre estea presente na memoria dos cullerdenses.

Pero este Concurso de Pintura ao aire libre non tería razón de ser sen a participación constante, ano tras ano, edición tras edición, de nenos e nenas, de homes e mulleres, dispostos a compartir o amor pola pintura nunha xornada de lecer. Porque ese é o obxectivo fundamental do Concurso, propiciar ser espazo de encontro, ser un día de festa artística, ser canle de difusión dunha das Belas Artes, a Pintura, tarefa na que o Concello de Culleredo dende hai moitos anos está empeñado.


Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina