O Concello de Culleredo organiza na Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico Ría do Burgo unha exposición de pintura da artista Novais.
A exposición permanecerá aberta ao público do 4 de agosto ao 9 de setembro de 2011, no seguinte horario:
• Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.
• Sábados: de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.
Datos biográficos:
María Luisa Rojo Grandío (NOVAIS) cursou estudos de Decoradora de interiores na Escola Superior de deseño Pablo Picasso da Coruña e posteriormente de Arquitectura de Interiores en Salamanca. É socia da Asociación de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA).
Realizou talleres de escaiola, valeirado talla en madeira e modelado na escola de Artes e Oficios (A Coruña), cursos de xilografía e litografía no CIEC (Betanzos) e un curso de gravado calcográfico no Museo de Belas Artes da Coruña. Tamén participou no Visual art (New York). Foi seleccionada na XII Bienal de Pintura Balconadas (Betanzos, 2010).
Posúen obra súa institucións ou galerías como a Fundación CIEC (Betanzos), Concellos de Cambre e Oleiros, Club Financeiro Atlántico, Galería Primera Planta (A Coruña), Galería Alen Klass (A Coruña).
Exposicións individuais:
2011: Reflejos de color, Galería Pers Polis (León); Diversidad de opiniones, Sala do Concello de Ortigueira; Sementes de coor, Pazo de Adrán (Teo); Movimientos irreales, Galería Alen Klass Arte (A Coruña; Dualidad, Galería Iván Morillas, Sabarís Baiona (Pontevedra); Fusionando sueños, Club Financeiro Atlántico, xestionada por Moret Art (A Coruña).
2010: Une espacios no más distancias, Galería Primera Planta (A Coruña); Melodías para soñar, Estrela do Ponto (Narón); Músicos en la ciudad, Café de Macondo (A Coruña); Anacos de rens, Casa Charry (Oleiros); Paseo por la ciudad, Centro Comercial Dolce Vita (A Coruña).
2009: Acordes de cores, Museo Xacemento Romano (Cambre); Tierras y mujeres, Bulevar del Papagayo (A Coruña); Mares, Bulevar del Papagayo (A Coruña); Contrastes, Centro Comercial Dolce Vita (a Coruña); E.L. Norte (A Coruña).
Exposicións colectivas:
2010: III Feira Arte galego, Hotel Hesperia (A Coruña); Exponadal, Fundación CIEC (Betanzos); Exponadal ARGA, Club do Mar de San Amaro (A Coruña); BCM, Art Gallery de Arte (Barcelona); IX Feira de Artes Plásticas (A Coruña); XIV Mostra de Artesanía, Libro e Pintura (Culleredo); Ti es eu, eu son ti, Haití, Sexto Edificio Museo de Pontevedra (Pontevedra).
2009: II Feira de Arte galego, Hotel Hesperia (A Coruña); Colectiva de gravado Regalarte, Fundación CIEC (Betanzos).
2008: Artema (Cambre); Exposición de apoio á Torre de Hércules, Centro de Ocio (A Coruña).
2007: Centro de Ocio (A Coruña); Galerías minas de San Finx (A Coruña); Jaspe Bellas Artes (A Coruña).