O Concello de Culleredo acolle na Sala de Exposicións “Xosé Rey Lago” dos Muíños de Acea de
Ama unha exposición do artista cubano, afincado dende hai moitos anos na
comarca, Omar Kessel, cunha longa traxectoria artística e
profesional.
A exposición permanecerá aberta ao público do 9 ao 30 de setembro de 2011, no seguinte horario:
Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.
Sábados: de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.
O venres 9 de setembro de 2011, ás 20.30 h, terá lugar a inauguración. No transcurso do acto actuará o Quinteto de Corda “Cimarrón 20 cuerdas” .
O Concello agarda que esta exposición resulte atractiva para todas as persoas amantes das artes.
Datos biográficos
Omar Kessel Nicolás naceu na Habana en 1953. Gradúase, nas especialidades de grabado e pintura, no Instituto Superior de Artes (ISA) da Habana en 1990. Pertence á Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC) e ao Taller Experimental de Gráfica da Habana (TEGH).
En 1974 participa na súa primeira exposición colectiva, “Jóvenes Valores de la Plástica”, organizada polo Ministerio de Comunicaciones, e realiza a súa primeira exposición individual, de debuxos, en 1978.
En Cuba, foi profesor de Debuxo e Pintura nos cursos de secundaria e preuniversitario en Matanzas (1976-1981), profesor e instrutor de Arte na Casa de Cultura de San Pedro del Cotorro (1981-1983), profesor de Debuxo, Pintura e Gravado na Escola Elemental de Arte "Paulita Concepción", no Cerro da Habana. En 2006 imparte un curso de grabado en el centro Puertas de Castilla de Murcia. En 2008 imparte un curso de litografía, en Cuenca, dentro das xornadas de ingrafica, Festival Internacional de Grabado Contemporáneo Ciudad de Cuenca. En 2010 imparte un curso de gravado no Museo de Belas Artes da Coruña. A principios dos anos 90 fixou a súa residencia en Galicia, impartindo cursos de debujo e pintura en Oleiros, Ordes e, dende hai varios anos, en Betanzos, no Centro Internacional da Estampa Contemporánea, da que actualmente é Xefe de Taller e profesor de Gravado.
Premios:
1977 e 1978: Mención no Salón Provincial Juvenil en Matanzas.
1978: II Premio Salón Nacional de Profesores e Instructores de Arte no Museo Nacional de Cuba.
1980: Premio Poesía Mural en Matanzas.
1984: Mención de Grabado no I Salón Brigada "Raúl Gómez García".
1988: Mención Especial da Quinta Bienal polo Descubrimento de América.
Últimas exposicións individuais:
2007: Galería Arabesque (A Coruña).
2004: Fundación CIEC (Betanzos, A Coruña).
2001: Galería 4 Ingletes (A Coruña); Sala Xosé Rey Lago dos Muíños de Acea de Ama (Culleredo).
2000: Casa Charry (Oleiros); Galería Arte Imagen (A Coruña).
1998: Sala de Exposicións do Concello da Coruña; Fundación CIEC (Betanzos).
1995: Ateneo da Coruña (A Coruña).
1994: Dársena Espacio de Arte (A Coruña).
1993: Biblioteca de Cambre (Cambre).
1991: Ateneo da Coruña (a Coruña).
Últimas exposicións colectivas:
2009: Homenaxe a Lugrís. Museo do Gravado (Artes, Ribeira); “arTeu” (Cambre).
2007: Fundación Luís Seoane (A Coruña).
2006-2007: Artes Seriadas, itinerante da Deputación da Coruña.
2004: Asociación La Pelette (Luxemburgo).
2003: Galería 4 Ingletes (A Coruña).
2002: Alumnos e profesores do CIEC (Betanzos e A Coruña).
2001: “Tres grabadores del CIEC” (Betanzos).
1997: “Color e Calor”, CUBAeNÓS`97 (Pontevedra).
Entre 1974 e 1995, participou noutras exposicións colectivas en Galicia, Cuba, Nicaragua, Brasil, Perú, México e EEUU, e realizou, entre 1978-1983, varias individuais en Cuba.