A Oktoberfest chega ao Burgo

O recinto multiusos do Burgo (campo da festa) trasladarase á mítica Oktoberfest de Munich por segundo ano consecutivo. Dados os excelentes resultados de público cultivados en 2010, a cervexaría Forum Celticum, coa colaboración do Concello de Culleredo, non tivo dúbidas en promover unha segunda edición que pretende superar a afluencia cultivada hai un ano, no que se venderon 6.000 litros de cervexa.

A Festa da Cervexa de desenvolverá desde o 14 até o 18 de setembro. O primeiro día, mércores, a cervexa comezará a servirse ás 19.00 horas, mentres que o resto de xornadas o horario será ininterrompido de 12.00 do mediodía a 1.00 da madrugada.

Os prezos continuarán sendo económicos, para propiciar que sexa accesible para o maior número de persoas. Así, o litro de cervexa custará 6.50 euros e o medio litro, 3.50 euros. A cervexa será a mesma que a Oktoberfest, Paulaner, e poderanse degustar as variedades de torrada, loura e de trigo.

A gastronomía constituirá outro dos aspectos importantes do evento. Haberá unha gran variedade de salchichas, así como codillo, de gran éxito na pasada edición, que se poderán acompañar do típico alemán repolo agridoce.

Unha gran carpa, de 1.000 metros cadrados, será o escenario para as mesas e bancos de madeira que se instalarán a modo do que ocorre en Munich en outubro. A música e animación non cesarán para amenizar a estancia.

Outra das novidades consistirá na instalación nos exteriores dunha pantalla xigante que mostrará o que sucede no interior da carpa, animando así aos viandantes a sumarse á festa. Na pantalla tamén se sucederán promocións turísticas do municipio de Culleredo.

O concelleiro de Turismo, Isidro Taibo, explica que o Concello concibe o recinto multiusos do Burgo como un enclave inigualable para a realización de eventos como este, que contribúen á dinamización do municipio. Este recinto acolleu citas como o mercado templario, o encontro de coches clásicos ou a festa do marisco.
Cartel Festa

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina