Exposición "Bicis, paisaje en construcción"

 

Continuando coa súa programación, a Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico “Ría do Burgo” acolle a exposición de pintura "Bicis, paisaje en construcción" da artista Bego Tojo, que pertence á Asociación de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA).    

A exposición permanecerá aberta ao público do 16 de setembro ao 16 de outubro de 2011, no seguinte horario:

Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.

Sábados: de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.

O venres 16 de setembro, ás 20.30 h, terá lugar o acto de inauguración da exposición.

 

 Datos biográficos:

Na súa formación artística destaca un curso de pintura e técnicas varias co pintor Pedro Bueno Salto, curso de técnicas aditivas no CIEC de Betanzos (2002), curso de arte contemporáneo no MACUF (A Coruña, 2005) e o taller de gravado de técnicas aditivas, organizado polo Concello de Culleredo, coa profesora Isabel Pintado (2011). Posúen obra súa institucións ou entidades como os Concellos de Monterroso e Betanzos; Colección Tania Souto (A Coruña); Casino do  Atlántico  (A Coruña); Club do Mar de San Amaro (A Coruña). Ten participado en Feiras ou Festivais en Culleredo, A Coruña, Santiago ou Melide.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina