O Concello ofrece servizos de atención aos veciños con Alzheimer

O Concello de Culleredo informa aos veciños e veciñas que, aqueles que teñan un caso de Alzheimer ou outra demencia na súa familia, teñen a súa disposición o servizo de apoio e atención ás persoas en situacións de dependencia. Este servizo conta coa prestación de axuda no fogar (que na actualidade ofrece xa máis de 30.000 horas de servizo ao ano), a tramitación do programa “Xantar na casa”, a “Lavandaría sobre rodas” e o préstamo de axudas técnicas.

Ademais o Concello, desenvolve con periodicidade Grupos de apoio a coidadores de familiares como unha medida informativa e formativa, e fundamentalmente preventiva. Está demostrado que se o coidador non se coida ten un risco importante de enfermar.

Con motivo da celebración mañá día 21 de setembro do “Día Mundial do Alzheimer”, a Concellaría de Benestar e de Sanidade do Concello de Culleredo dirixidas polas nacionalistas Raquel Jabares e Rocío Sampedro, queren manifestar a solidariedade coas persoas e familias que padecen esta problemática.

A data do “Día Mundial do Alzheimer”, foi elixida pola Organización Mundial da Saúde e a Federación Internacional de Alzheimer. O propósito desta conmemoración  é dar a coñecer a enfermidade e difundir información ao respecto, solicitando o apoio e a solidariedade da poboación en xeral.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina