A Oficina Municipal de Voluntariado de Culleredo ábrese á cidadanía. O Concello quere dar a coñecer as diferentes actuacións que desenvolven os voluntarios e para iso organizará unha gymkhana urbana, o vindeiro sábado 1 de outubro, na praza da Igrexa de Vilaboa.
Unha gran carpa albergará, en horario de 17.00 a 20.00 horas, diversas actividades abertas ao público de diferentes idades. Por unha banda terá lugar o chamado "Dado voluntario". Os transeúntes que se animen lanzarán un dado que marcará a proba que realizarán, segundo a cara na que caia.
O cinco probas posibles están relacionadas coas áreas de intervención dos voluntarios cullerdenses:
Polo outro lado, desenvolveranse as opcións máis lúdicas: rocódromo, cacharros tolos, zorbing e body dancing.
O goberno local pretende así sensibilizar á poboación da necesidade do voluntariado e dos valores que promove. Á vez, dinamizará unha das zonas máis urbanas do municipio como é o centro de Vilaboa.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER