O Concello de Culleredo presenta o seu plan de actividades culturais para o curso 2011-2012. Trátase dun amplo abanico de diferentes modalidades, pensadas para públicos de todas as idades e perfís co que pretende dinamizar a vida municipal.
O programa divídese nun bloque para adultos, con 35 grupos, e noutro bloque para nenos, que inclúe 20 propostas. En total, un conxunto de 800 prazas, o que supón un lixeiro incremento con respecto ao pasado ano, baseado nas peticións recibidas por parte dos usuarios.
Foi o caso das actividades de ioga e bailes de salón, dous das que reúnen a máis participantes e que o Concello potencia este curso. A Concellaría de Cultura, que dirixe Alicia Ferreiro, deseñou un plan baseado tamén nos gustos dos veciños, e procurando alternativas de lecer, de interese para a cidadanía, á vez que promoven outros valores como a educación para saúde.
É o caso do ioga e dos bailes de salón, pero tamén doutras opcións clásicas como a ximnasia de matenimiento e modernas como o tango. Outras actividades promoven a memoria e as calidades artísticas dos veciños, como o teatro, o óleo, a cestaría, a confección, a gaita ou a guitarra.As novas tecnoloxías son outro campo estrela da programación, con oito grupos de informática e un de fotografía dixital. No apartado de idiomas aparece o inglés.
Para os pequenos, as premisas son similares. Patinaxe, kárate, ximnasia rítmica ou fútbol sala son algúns dos deportes ofertados. O baile clásico, o galego, a danza, ou a gaita conforman, entre outros, o apartado cultural.
O prazo de matrícula nas actividades abarcará desde o vindeiro luns, 3 de outubro, até o próximo 14. Para formalizala pódese acudir ao Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Terminado este prazo, aquelas actividades con prazas vacantes serán abertas a persoas non empadroadas en Culleredo.
AXÚNTO PÓDESE DESCARGAR O FOLLETO INFORMATIVO E A FOLLA DE INSCRICIÓN