O vindeiro luns 3 de Outubro iníciase en Culleredo a Programación do VII FESTIVAL DE TÍTERES “CONSORCIO DAS MARIÑAS” que organizan os nove Concellos que conforman o consorcio, nunha programación de alta calidade dirixida ás nenas/os da comarca, e que conta ca participación das mellores Compañías de Títeres do mundo.
Esta primeira actuación celébrase o luns día 3 ás 11:00 horas no Colexio Isaac Díaz Pardo do Burgo, na que actuará a COMPAÑÍA DE TEATRO EL ABROJITO de Arxentina co espectáculo “El lobo Rodrigo” que utiliza a técnica de luvas, variña e boca.
Unha versión distinta do tradicional conto de Carapuchiña Vermella. As personaxes actúan en roles diferentes ao coñecido relato e iso trae consecuencias e situacións tanto inesperadas coma divertidas.
A través do relato comprobaremos que se pode cambiar a historia para vivir mellor cando temos a convicción e o desexo de facelo, con amor, comprensión e respecto polo outro, para mellorar a nosa realidade.
Programa do Festival en Culleredo:
Luns 3
11.30
C.E.I.P. Isaac Díaz Pardo (O Burgo)
El Abrojito (Arxentina)
"El lobo Rodrigo"
Martes 4
11.30
C.E.I.P. Ría do Burgo (Fonteculler)
Tesis Teatro (Colombia)
"Los Tres Reyes y un Simple."
Mércores 5
11.30
C.E.I.P. Tarrío
Guiñoleros UAS (México)
"La Carpa de los dos Colores"
Xoves 6
11.30
Edificio M. Servizos Múltiples
Teatro Arbolé (Aragón)
"Amor de cuentos"
Venres 7
11:00
C.E.I.P. Sofia Casanova
Taller de Arte El Colectivo
"ReCuerdos"