Concerto do guitarrista Fabiano Forges

 
Dentro da programación do XXII Festival Internacional de Música de Pulso e Púa, organizado pola Agrupación Musical Albéniz da Coruña coa colaboración de diversas institucións, o próximo xoves 6 de outubro, ás 20.30 h, na igrexa de Santiago do Burgo (O Burgo – Culleredo) terá lugar unha actuación do guitarrista brasileiro Fabiano Borges, virtuoso na guitarra de sete cordas.

Fabiano Borges, natural de Brasilia (Brasil) estudou o choro brasileiro e a guitarra de sete cordas durante a súa mestría, que rematou no ano 2008 na Universidade de Brasília (Brasil). É membro dos directores da Asociación de Guitarras de Brasília (BRAVIO). Ten gravado innumerables programas de televisión, destacándose dúas edicións do programa “Conversa de Músico”, exhibido na cadea nacional TV Senado de Brasil.

No ano 2002 gañou o IV Festival de Música Instrumental Brasileira (FEMIB, sendo finalista de outros concursos e festivais. No ano 2007 participou no Festival de ICP-NA en Lima, Perú. No 2008, foi convidado a participar na “Quincena Cultural Brasileira” en Córdoba (Arxentina), polo Consulado do Brasil, ditando unha clase maxistral na Universidade Nacional de Córdoba.

O pasado ano 2010 foi convidado polo Departamento de Etnomusicoloxía da University of California (Los Ángeles, USA), co fin de ditar clases e facer concertos.

Foi o máis novo en recibir a condecoración do Instituto Cervantes de Brasília polo seu traballo cultural.

Neste mesmo ano participou no Festival Internacional de guitarra de Arequipa, viaxe que aproveitou para incluír unha pequeña xira polo Perú.

Gravou o seu primeiro disco como solista, titulado “Sete cordas”, auspiciado polo goberno de Brasília, sendo difundido o seu traballo en países como Ecuador, Perú, Arxentina, España, Alemania e nos Estados Unidos de Norteamérica, países nos cales xa se apresentara como instrumentista.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina