Por unha ría limpa e saneada

O catro grupos políticos que conforman a corporación local de Culleredo (PSOE, APdC, PP e BNG) únense por unha solución para a ría do Burgo. O pleno celebrado o pasado xoves acordou, por unanimidade, unha declaración institucional da corporación na que se reclama á Xunta de Galicia e ao Goberno central que asuman as súas competencias para lograr o saneamento da ría.

Ante as manifestas discrepancias entre o Ministerio de Medio Ambiente e a Consellería de Medio Ambiente, os catro grupos políticos cullerdenses entenden que as administracións deben asumir as súas responsabilidades e competencias para "traballar na mesma dirección". Desta forma sosteñen que se chegará ao obxectivo desexado dunha completa rexeneración e recuperación da ría do Burgo.

Por iso, a corporación clama por que goberno estatal e autonómico fagan os seus deberes no que respecta aos traballos que lles corresponden. No caso do ministerio, estes céntranse na recuperación da ría, dado que se trata dun dominio público marítimo-terrestre como define a Lei de Costas.

Neste sentido, o Concello e a oposición piden a "redacción urxente" no ano 2012 do proxecto para o tratamento e extracción de lodos da ría, que se debe confeccionar en consenso cos Concellos afectados. Desta forma e con este prazo, ao terminar a Xunta os seus labores de saneamento, o ministerio podería executar o proxecto para que conclúa en 2014.

Estas labores que competen á Xunta pasan pola instalación da rede de saneamento local e a súa conexión coa Estación Depuradora de Augas Residuais de Bens. Estes traballos deberán estar acabados non máis aló do ano 2013, para o que resulta necesario que a consellería manteña o seu compromiso orzamentario.

Para a corporación, este proxecto é "vital" para que non siga deteriorando o ecosistema. Ademais, os grupos cullerdenses solicitan á Xunta que prosiga cos mecanismos que protexan os intereses dos mariscadores  no tempo no que non se poida desenvolver a actividade marisqueira.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina