O Burgo estrea dispensadora de leito fresco pasteurizado

Os veciños e paseantes habituais da céntrica praza de Europa do Burgo víronse sorprendidos desde a tarde do pasado venres por a presenza dun novo equipamento. Trátase dunha máquina expendedora de leite fresco pasteurizado, procedente do municipio coruñés de Mesía, instalada pola gandeira Finca Lata coa colaboración do Concello de Culleredo.

A dispensadora ofrece leite fresco en varias modalidades. Os usuarios poden traer xa un recipiente consigo e enchelo de leite, pero tamén poden mercar unha botella de cristal, dun litro de capacidade, por 0,40 euros, ou de plástico por 0,20 euros. O prezo do litro é dun euro, aínda que tamén se pode optar por un vaso, por 20 céntimos.

Dado o interese por potenciar o consumo dun produto san como a leite entre os máis pequenos, a máquina ofrece unha modalidade especialmente pensada para eles. Se trata dun vaso que ven acompañado con cacao soluble, unha alternativa idónea máxime nun lugar frecuentado a diario por decenas de familias con nenos.

O funcionamento é moi sinxelo. Un pequeno panel táctil permite seleccionar a cantidade e modalidade. O dispensador de botellas e vasos é independente. Unha vez escollido o produto, ábrese unha comporta para introducir o recipiente correspondente e enchelo de leite.

Desde que a expendedora funciona non para de utilizarse. De feito, desde o venres, estímase que ven funcionando a un ritmo de 50 litros de leite ao día.
 
A primeira tenente de alcalde e o concelleiro de Industria, os nacionalistas Raquel Jabares e Isidro Taibo, visitaron a praza de Europa para comprobar in situ o funcionamento da dispensadora. Jabares celebrou o “éxito” co que os veciños acolleron esta iniciativa, á vez que resaltou que se atopa nun emprazamento ideal, “no centro do Burgo, nunha praza con moitísima vida tanto pola semana, coma os fins de semana, de poboación infantil, adulta e maior”.

A nacionalista asegurou que a intención do Concello consiste en promocionar o leite galego, “máxime coa situación na que se encontra”. Con esta proposta, foméntase o consumo directo, ao eliminar os intermediarios. Ademais, engade Jabares, o goberno local aposta así por unha cultura de hábitos saudables propoñendo un consumo de leite frente a outras opcións.
 
Expendedora

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina