Tercera reunión da Comisión Especial do Aeroporto de Alvedro

O Concello de Culleredo celebrou a terceira reunión da Comisión Especial do Aeroporto de Alvedro. Nela, o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, deu conta aos grupos municipais da corporación das novidades acerca da ampliación da pista do aeroporto que acomete AENA, tanto do referente ás obras como do proceso de insonorización das vivendas.

O rexedor explicou que AENA executa o Plan de Illamento Acústico nunha primeira fase, que abarca aos inmobles que soportan máis 55 decibelios. Trátase dun total de 107 vivendas, das que AENA xa recibiu a solicitude de 82 para o illamento acústico. Por agora, o organismo estatal aprobou realizar a medición e informe a 72.

Destas 72, cos resultados xa obtidos, AENA solicitou os proxectos de illamento a 34, recibindo a día de hoxe 5, para as que xa autorizou o financiamento para realizar o illamento. Polo de agora, só una das vivendas incluídas nesta primeira fase non necesita de illamento, dado que xa o ten e soporta menos deses decibelios.

En canto ás 25 casas restantes pendentes desta fase, a carta de AENA non lles puido chegar ao tratarse de destinatarios descoñecidos por diversos motivos. O Concello proporcionoulle a AENA as novas direccións dos afectados, polo que recibirán a comunicación nos próximos días.

Sacristán considera que agora o ritmo do plan de illamento acústico é o adecuado. O alcalde espera que as 107 vivendas desta primeira fase estean medidas e conten co proxecto de illamento presentado antes de final de ano. A partir de 2012, continuará o plan co resto de inmobles da pegada sonora até chegar aos 1977 previstos.


Traballos, expropiacións e demolicións


O primeiro edil informou á Comisión do estado das obras de ampliación. Como xa adiantara na anterior reunión, a empresa procedeu ao asfaltado da estrada por onde circulan os camións, con obxecto de evitar que se levante po. A construtora tamén está a instalar as pantallas antirruido xunto ás vivendas afectadas polo paso dos camións.

O alcalde sinalou así mesmo que o cruceiro afectado polas obras xa foi trasladado á contorna da igrexa románica de Culleredo, lugar que prefería a Igrexa. O movemento do elemento patrimonial foi autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio.

En canto ás expropiacións, AENA chegou a acordo con todos os afectados excepto cun. Practicamente todos os que xa entregaron as chaves dos inmobles cobraron a cantidade estipulada, así como bastantes dos propietarios dos terreos que contaban coa documentación correcta. O Concello estima que nuns 15 días satisfiranse os pagos de todos os expropiados.

En canto ao ritmo das obras, o alcalde apunta que a execución da vía perimetral, primeiro dos traballos emprendidos, avanza de forma adecuada. Nas próximas semanas, a UTE solicitará ao Concello o corte parcial das rúas Ladrón de Guevara, Leonzas, Manuel Andrés Reboredo e Ou Curro para comezar as demolicións das vivendas. Con esta medida, explica Sacristán, quérese garantir a seguridade de peóns e usuarios de vehículos, e evitar riscos.
 
Pantallas aintirruido

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina