Dende o programa de Cooperación do Concello de Culleredo, infórmase de que durante todo o vindeiro mes de novembro terá lugar no Xardín Botánico do Burgo, unha exposición fotográfica do proxecto de cooperación realizado en Nicaragua pola ONGD Solidariedade Galega : A formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento en Ocotal (Nueva Segovia) e Puerto Cabezas, Nicaragua, co-financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que reflexa tanto o esforzo realizado por medio do proxecto, como a cultura e a sociedade do pobo nicaragüense.
A exposición, denominada "Nicaragua, unha realidade viva", consta de 54 fotografías (obra de Eduardo J. Castro Rodríguez, fotógrafo que expuxo xa en diferentes ciudades españolas e extranxeiras e que acaba de rematar unha exposición na Biblioteca Nacional de Amsterdam, e que para a realización das fotografías conviviu cos voluntarios/as en Nicaragua durante o tempo do proxecto) e tamén conta con dous carteis explicativos das actividades realizadas por Solidariedade Galega en Nicaragua.
A exposición divídese en tres bloques distintos:
1º bloque: céntrase nas actividades realizadas en Nicaragua pola ONGD
2º bloque: céntrase na problemática sanitaria e social dos buzos de Puerto Cabezas
3º bloque: céntrase na cultura e a sociedade do pobo nicaragüense