A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo venres 16 de decembro de 2011, ás 20.30 h, na Sala de Exposicións “Xosé Rey Lago” dos Muíños de Acea de Ama (O Burgo – Culleredo), o acto de inauguración dunha exposición de pintura da artista Maruchy Domínguez.
A exposición permanecerá aberta ao público do 16 de decembro de 2011 ao 14 de xaneiro de 2012, no seguinte horario:
- Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.
- Sábados: de 11.00 a 13.30 h e de 17.00 a 21.00 h.
Nacida en Santiago de Compostela e residente dende hai uns anos no Burgo (Culleredo), de formación autodidacta, Maruchy Domínguez ten participado en diversas exposicións individuais e colectivas, entre as que podemos destacar: Estación Marítima (A Coruña), Hércules Coruñés (A Coruña), Spórting Club Casino (A Coruña), Casa da Xuventude (Carballo), Centro de Interpretación do Castro de Baroña (Porto do Son), Casa da Cultura (Porto do Son), Club Náutico de Portosín (Porto do Son).