O programa de televisión "A mochila do viaxeiro", de V Televisión, viaxou até Culleredo para ensinar a celebración da Festa dos Callos da parroquia de Sésamo. O espazo recorreu tamén varios puntos emblemáticos do municipio, coma o Rego da Xesteira, os Muiños de Acea de Ama ou o xardín botánico do Burgo.
Da man dunha veciña de Sésamo ensínase a arte de facer os callos; as verbas do historiador Carlos Pereira recordan as orixes de Culleredo; e o concelleiro de Dinamización Local, Isidro Taibo, é o encargado de amosar aos espectadores monumentos coma a Torre de Celas.
O programa foi emitido o 12 de decembro pasado. Pódese ver no seguinte enlace:
"A mochila do viaxeiro" - Culleredo
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER