Proxección película Sinbad

 

PROXECCIÓN DA PELÍCULA SINBAD.

SALA DE VÍDEO DO EDIFICIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES DO BURGO. 19.00 H.

PÚBLICO: MAIORES DE 12 ANOS.

PRAZAS ATA CUBRIR O AFORO: 63 BUTACAS.

XÉNERO: FICCIÓN       

DURACIÓN: 96 MINUTOS.

DIRECTOR: ANTÓN DOBAO.

REPARTO: XOSÉ MANUEL OLVEIRA “PICO”, SARA CASASNOVAS, MARIÑA SAMPEDRO, LUÍS ZAHERA, MANUEL CORTÉS, CÉSAR CAMBEIRO, ANTONIO DURÁN “MORRIS”, LAURA PONTE, MELA CASAL, MIQUEL INSUA.

SINOPSE:

Baseada na obra de Álvaro Cunqueiro Se o vello Sinbad volvese ás illas.

Nunha vila mariñeira, un home ve transcorrer a vida de forma apracible, entre o coidado do seu horto, os seus paseos a carón do mar e o seu amor pola fabulación. Chámase Aurelio, pero prefire que lle chamen Sinbad, coma o vello e famoso mariñeiro, porque igual ca el navegou mares reais e-talvez-imaxinarios, coñeceu lugares e personaxes estraordinarios, e foi testemuña e protagonista de feitos fantásticos. Sinbad non só é experto nos camiños do mar; tamén coñece os misterios e as maravillas do Cosmos e soña con percorrer algunha das súas rutas. A Sinbad acompáñao Sara, unha nena que aprende con el os segredos deses mundos fantásticos propios de soños e memorias. Sara é o elo que une a Sinbad co seu último proxecto: pilotar unha nave extraordinaria que o leve, a través de mares e universos descoñecidos, á illas Cotovías.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina