O Concello de Culleredo e varios clubs deportivos do municipio impulsan pola vertente solidaria do deporte. En colaboración con Cáritas, o Olímpico de Rutis, o Sporting Burgo, o Club Baloncesto Culleredo e Judo Club Culleredo organizan unha campaña de recollida de alimentos para os máis necesitados. Os dous primeiros denominan á acción "Gol Solidario", os terceiros, "Canastra Solidaria" e os últimos, "Tatami Solidario".
Desenvolverase até o vindeiro xoves 22. Cada club encárgase de gardar os alimentos para posteriormente entregalo ás diferentes dependencias que Cáritas ten no municipio de Culleredo. Por iso, o goberno municipal anima a todos os asistentes aos eventos deportivos destes días a acudir á bancada con paquetes de alimentos que os clubs recollerán.
O Concello reuniu a representantes do catro clubs para dar o pistoletazo de saída á campaña. Asistiron xogadores, adestradores e directivos de cada un. O concelleiro de Deportes, Bernardo Peiteado, destacou o gran resultado que pode cultivar un pequeno xesto como a achega dun quilogramo de azucre ou un litro de aceite.
Pola súa banda, a concelleira de Consumo Responsable, Rocío Sampedro, animou aos pequenos á promover o aforro na época do Nadal para poder tamén contribuír con aqueles que máis o necesitan.
Un representante de xogadores, adestradores e directivos do catro clubs, xunto cos edís, pousaron nunha fotografía ao terminar o acto para chamar a atención da sociedade cullerdense e pedirlles a súa colaboración na campaña.