Os Reis Magos terán un programa completo o vindeiro 5 de xaneiro en Culleredo, tanto nos núcleos urbanos, coa cabalgata, coma nas parroquias rurais, con visitas aos centros sociais.
A Cabalgata dos Reis Magos pola zona urbana do municipio de Culleredo, organizada pola Concellaría de Servizos de Dinamización Local, comezará ás 17:30 horas e partirá do Recinto multiusos do Paseo Marítimo do Burgo.
O percorrido previsto será o seguinte: Avda Juan Carlos I, Fonteculler, As Brañas, Avda. Portádego, Amparo López Jean, Corveira, Vilaboa (en Vilaboa, na praza da igrexa, farán unha recepción aos nenos/as ás 19:00 h.), Vicente Risco, Avda. Rutis, Avda. Acea de Ama e rematando na Praza Europa do Burgo ás 20:00 horas, onde os Reis recibirán a todos os rapaces e rapazas.
A comitiva real repartirá caramelos sen gluten. Colaboran: Autoescuela San Martín e Aluguer de turismos e furgonetas Ya-car.
Mentras, o programa de visitas no rural, no que participa tamén a Concellaría de Participación Cidadá, será o seguinte. Empezará no centro social de Culleredo ás 17.00 horas, onde actuará tamén un grupo de animación. Ás 17.30 horas chegarán a Orro; ás 18.00 horas a Ledoño; ás 19.00 horas a Sueiro; ás 19.30 horas a Sésamo; e ás 20.30 horas acabarán en Celas cunha festa amenizada por un grupo de animación.