O Concello de Culleredo anuncia que co comezo de ano finalizará o servizo de aluguer de bicicletas no paseo marítimo do Burgo e o paseo do río Trabe, reactivándose o 15 de abril para a tempada de primavera e verán. O concelleiro de Dinamización Local, Isidro Taibo, explica que a decisión vén motivada pola baixa demanda rexistrada no outono coa finalidade de aforrar unha importante contía económica das arcas municipais.
Desta forma, o servizo funcionará desde o 15 de abril até o 15 de outubro, abarcando así os meses de mellores condicións meteorolóxicas e que por tanto rexistran un maior emprego das bicicletas. O Concello establecerá conversacións coa empresa para reducir a aproximadamente a metade o gasto anual de 35.000 euros que supón o servizo, no que se inclúe o mantemento das bicicletas e do sistema.
Para alugar unha bicicleta, os usuarios empregan un cartón que permite recollela no tres estaciones situadas no Burgo, xunto á ponte, en Fonteculler, ao comezo do paseo, e en Acea de Ama, no paseo do río Trabe.