A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo venres 13 de xaneiro de 2012, ás 19.30 h, na Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico “Ría do Burgo”, o acto de presentación da publicación Da flor á mesa. Historia dunha pinga de mel.
No transcurso do acto tomarán a palabra o autor Xesús Asorey, e o ilustrador, Carlos Silvar. Ao remate da presentación haberá unha degustación de mel con queixo e froitos secos.
Esta publicación está baseada no programa educativo desenvolvido na Casa das Abellas, en Abegondo, durante os sete últimos anos, tanto con escolares coma con grupos de xente maior e familias.
Describe os pasos necesarios para a obtención do mel, desde a flor ata que o mel está na mesa, ao tempo que destaca as importantes calidades dos produtos apícolas como produtos sans e naturais e ás veces con beneficios terapéuticos. Destaca tamén o labor polinizador das abellas, conservando así a biodiversidade e contribuíndo á produción de alimentos.
A apicultura representa unha produción sustentable, que rende un servizo público gratuíto e imprescindible, que a sociedade debe valorar e defender ante os perigos que comporta a actual degradación da natureza e o alarmante declive da biodiversidade. O 80 % das plantas con flores, o 84 % das especies vexetais de cultivo e un 76 % da produción alimentaria dependen da polinización das abellas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER