Máis dun centenar de nenos e nenas participaron na VII edición do Torneo Nadal Culleredo de Minibasquet, organizado polo Club Baloncesto Culleredo, en colaboración co Concello. Trátase dun torneo que se vai consolidando ano a ano e que xa é un referente nas actividades deportivas das vacacións do Nadal do municipio
O Club Baloncesto Culleredo quixo celebrar esta edición coa A. D. Valle Inclán, outro club cun gran compromiso co fomento de Minibasquet, procedente de Oleiros.
A xornada desenvolvida na polideportiva do Burgo transcorreu ao longo de toda a mañá do sábado 7. A competición dividiuse en tres categorías; benjamines, alevíns masculinos e alevíns femininas. Os xogadores formaron equipos de 4 ou 5 xogadores e competiron nunha liguiña nas diferentes categorías. Paralelamente, estes equipos participaban en competicións de habilidade, tiros de 2 puntos e triplos.
Pasadas as 14.00 horas concluíron as finais nas diferentes actividades. Dado o entusiasmo, participación e entrega de todos os nenos e nenas non se nomeou equipo destacado e consideráronse a todos os xogadores como campións do Torneo. Os presidentes de ambos os clubs acompañaron á concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, na entrega de medallas.