Centro de Información Xuvenil (CIPAX)

¿Que é o CIPAX?

O Centro de Información e Participación Xuvenil é un servizo municipal onde atendemos á mocidade de xeito gratuíto, tendo en conta as vosas necesidades de información, asesoramento ou calquera outra petición que nos fagades, e tamén todo o que queirades demandar, propoñer etc.

Aquí poderás:

  • Realizar consultas de todo tipo, atención persoal, documentación especializada sobre temas de interese e xestións informativas.

  • Enterarte de cursos de formación, obradoiros, másters, consultar boletíns (boletín xove, guía de información xuvenil, revista de emprego xuvenil)...

  • Informarte de actividades, ocio e tempo libre.

  • Tramitar o carné Xove e obter información doutros carnés.

  • Informarte de axudas, subvencións, educación, bolsas, asociacionismo, voluntariado.

¿Que é a Casa da Xuventude?

A xuventude constitúe unha etapa na que a xente está obrigada a tomar decisións que condicionarán o seu futuro. Co fin de facilitar esa toma de decisións, naceu a oficina de información xuveníl.

O Concello de Culleredo comezou a ofrecer este servizo para a xente nova no ano 1987.

En 1999, a oficina de información xuvenil aumentou os seus servizos con persoal e puntos de información itinerantes.

No 2003 o Concello de Culleredo, a través da Concellaría de Xuventude, dota de infraestruturas o servizo, nacendo así a Casa da Xuventude.

A Casa da Xuventude é un servizo gratuíto que o Concello oferta a toda a xente nova entre 14 e 30 anos. Sitúase nela o Centro de Información e Documentación Xuvenil, destinado a facer da información unha ferramenta útil para o desenvolvemento social, económico, cultural e político da mocidade.

Dispón dunha oficina de información xuvenil, onde se ofrece información de temas moi variados.

Educación e formación

Estudos, acceso, plans de estudos, bolsas, másters, cursos, programas de garantía social...

Bolsas e concursos

Bolsas para estudos, para estudar no estranxeiro, premios e concursos...

Asociacionismo e participación

Oenegués de cooperación ao desenvolvemento, dereitos humanos, voluntariado social, asociacionismo xuvenil, trámites para a creación e xestión dunha asociación xuvenil...

Ocio e tempo libre

Axenda de actos da cidade, instalacións e actividades deportivas, campos de traballo, intercambio, actividades lúdicas...

Emprego

Acceso directo ás ofertas públicas e privadas, traballos temporais no estranxeiro (canguro e outros). Ofertas do DOG, BOE e BOP. Tamén se derivan ao Servizo Galego de Colocación do Concello de Culleredo, ao Centro de Formación Pablo Picasso, á Concellaría de Cultura e á Concellaría de Educación, Fomento e Desenvolvemento Local.

Outros servizos

A través do CIPAX (Centro de Información e Participación Xuvenil), atendemos os outros temas que interesan á mocidade: saúde e sexualidade, drogodependencias, vivenda, servizos (públicos, privados e comunitarios) destinados á xente nova...

Internet

Poñemos a gran rede ao teu servizo, ou o que é o mesmo, toda a información do mundo ao teu alcance. Deste modo, podes consultar internet gratuitamente, e contar coa axuda dunha persoa que che informa se descoñeces o seu funcionamento. A oficina dispón de varios ordenadores dos que podes dispoñer libremente.

Viaxeteca

Neste momento estase a recopilar toda a información sobre Galicia e España, así como mapas, rutas, sendarismo, albergues, hoteis, cámpings, guías de cidades, turismo activo...

Co tempo, esperamos completar o noso fondo coa información do resto do mundo.

Servizo de prensa

Aquí podes consultar a prensa e as revistas autonómicas e nacionais, e tamén o DOG, o BOE e o BOP.

Programas europeos subvencións

Un lugar onde informarte sobre a Unión Europea, as subvencións e as bolsas que ofrece, programas de intercambio, viaxes, visitas, programas como o Sócrates, Erasmus, Leonardo...

Carné Xove e outros programas xuvenís

Desde a oficina, a xente nova pode informarse das actividades de tempo libre da Dirección Xeral de Xuventude.

Poderás atopar información sobre os carnés europeos e o carné Máis, e tamén tramitamos o carné Xove euro<26.

Programa "As noites do micho"

Lévanse a cabo actividades alternativas, con xogos, concertos, bebidas saudables, bailes... desenvolvidas na zona urbana e rural.

Actividades

Nas nosas instalacións lévanse a cabo obradoiros onde poderás participar, como son os de cómic, guitarra eléctrica, fotografía...

Subvencións a asociacións xuvenís

Subvencións ás asociacións xuvenís inscritas nos rexistros da Concellaría de Xuventude  para proxectos, publicacións etc.

Na Casa da Xuventude tamén facilitamos unha sala para as reunións das asociacións.

A oficina, en definitiva, proporciona información básica sobre estas e outras cuestións. Deste modo, poderás acceder a esta información a través das persoas que che axudarán a resolver a túa demanda ou ben directamente mediante a consulta dos paneis informativos ou o acceso ás salas de autoconsulta, que dispoñen de espazos onde sentarse e poder consultar a documentación.

Casa da Xuventude

Avda. Alfonso VII, 1

O Burgo

981.664.204/620.00.84.50

Correo electrónico: cipax@culleredo.org

Horario

De luns a venres: de 10:00 a 14:00, e de 17:00 a 20:00 h.

Sábados: de 11:00 a 14:00 h.

Horario de verán

De luns a venres: de 10:00 a 14:00 h.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina