O Burgo acolle o venres o Deportivo - Oporto de veteranos

presentacion

 
O polideportivo municipal do Burgo volverá ser sede, o vindeiro venres 24 ás 20.30 horas, do enfrontamento entre o Deportivo e o Oporto da liga de veteranos. O Concello de Culleredo e a organización, que presentaron hoxe o evento, fixeron un chamamento para encher o pavillón co obxecto de empuxar ao equipo cara a unha nova vitoria.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, o concelleiro de Deportes, Bernardo Peiteado, o xerente do Coruña The Style Outlets, Javier Torralba, que colabora no partido, e os xogadores Carou e Juanma, foron os encargados de presentar o encontro.

O concelleiro explicou que resulta unha honra para Culleredo acoller un evento desta magnitude por segunda vez en poucas semanas. Animou aos veciños a acudir ao partido, para o que poden adquirir as entradas, a un prezo de 5 euros, na Clínica O Burgo, cervecería Xentes do Burgo, cervecería Cork de Vilaboa, w cafetaría Canedo de Tarrío.

Peiteado mostrouse feliz da gran festa do fútbol que acollerá o polideportivo do Burgo durante toda a tarde. E é que ás 17.00 comezará a 3ª Copa  de fútbol infantil Indoor Concello de Culleredo-Grupo Leite Pascual. Enfrontamentos:

17:00 Sp. Burgo "A"-Olímpico de Rutis "B"
17:40 Olímpico de Rutis "A"-Sp. Burgo "B"
18:30 Final

Pola súa banda, Juanma cualificou de "complicado" o partido polo nivel do rival, que xa demostrou as súas aptitudes derrotando ao Sporting. Resaltou xogadores como Rui Costa ou Vítor Baía, que se seguen mantendo en boa forma.

Carou lembrou que o equipo soubo responder o apoio de Culleredo gañando o anterior encontro fronte ao Sevilla polo que agora espera repetir. O que ten claro é que o O Porto "non vén aquí de paseo" e destacou que unha vitoria do Deportivo suporía case asegurarse o pase á seguinte fase.

O xerente de Coruña The Style Outlets asegurou que o partido lle "lembra aos vellos tempos".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina