Mañá mércores 29 de febreiro iníciase un novo módulo, incluído dentro Programa das Aulas Abertas, co fin de contribuír á formación de todas aquelas persoas que queiran traballar como coidadoras de nenos e nenas a domicilio e non teñan ningunha formación específica neste campo. Impulsado polas Concellarías de Benestar e de Igualdade, que dirixen as nacionalistas Raquel Jabares e Rocío Sampedro, a iniciativa pretende capacitar ás participantes para desenvolver esas labores.
Para iso durante 40 horas 1 psicóloga e 1 pedagoga especialistas impartirán sesións presenciais combinadas con sesións titorizadas a distancia, nas que se aprenderán contidos relacionados coas etapas evolutivas do desenvolvemento infantil, coa alimentación, hixiene e descanso, co xogo como recurso educativo ou coa seguridade e hixiene no fogar e no exterior.
O requisitos para acceder a esta formación son estar empadroada no concello de Culleredo, ter mais de 18 anos, non ter ningunha titulación semellante á impartida e estar en situación de desemprego. O prezo é de 3.10€
O lugar onde se desenvolverá a formación é na Casa Rosa do Burgo os mércores 29 de febreiro e 7, 14 e 21 de marzo en horario de 17.00h a 20.00h, mais as titorías axustaranse ás necesidades das persoas participantes.
O prazo de inscrición remate mañá 29 de febreiro. Os interesados poden dirixirse á Casa Rosa, chamar ao 981 655 335, ou remitir un correo electrónico a
aulas.abertas@culleredo.org.