Os delegados parroquiais apostan pola ecoloxía no programa de actividades de maiores

 

Asemblea de Maiores

 

A asemblea dos delegados parroquiais de Culleredo, representantes dos maiores de cada parroquia, reuniuse coa primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, para analizar os principais asuntos de actualidade e formular diferentes propostas. Trátase do órgano de participación cidadá que dispoñen os maiores para interactuar co goberno local, ademais da asemblea de maiores, na que participan todos.

Na reunión, celebrada no centro social O Noso Lar de Culleredo, estaba sobre a mesa a programación da área para este ano 2012. Os maiores introducirán unha compoñente ecolóxica no seu programa de viaxes: visitarán espazos coma o parque de Sotavento, o Museo do Mel ou a granxa ecolóxica de Mesía.

A asemblea manifestou asemade a súa conformidade con que o Concello celebre os aniversarios dos veciños centenarios. Neste ano son 8 os maiores que cumprirán 100 anos, dos que dous xa o fixeron e recibiron a visita de Jabares.

A concelleira nacionalista explicou ademais que está a piques de comezar a xira de teatro interxeracional do Concello, na que os maiores que participan deste grupo actuarán nos colexios e escolas infantís do municipio. Tamén deu conta das inscricións acadadas no plan de actividades, con 241 alumnos.

Na quenda de preguntas, os delegados parroquiais interesáronse polo centro social de Fonteculler, que o Concello está a acondicionar para dar servizo a este importante núcleo urbano. Jabares sinalou que a previsión pasa porque estea aberto e comece a funcionar ao longo deste mes de marzo.

A primeira tenente de alcalde destaca o “alto grao de implicación” que demostran os maiores a través dos órganos de participación municipais. “Queremos que eles sexan os actores principais, que teñan voz para decidir as súas actividades e tamén para felicitar ou criticar polo que entendan oportuno”, afirma.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina