Culleredo acollerá esta fin de semana a segunda edición do ‘Castelo Non Para’, o maratón de fútbol sala organizado pola Asociación Castelo Deporte, coa colaboración do Concello de Culleredo. Serán 24 horas de fútbol e convivencia que este ano conta cun destacado premio económico: o equipo gañador recibirá 1.000 euros en efectivo, ademais dun trofeo. Tamén recibirán un recordo o equipo finalista, o porteiro menos batido, o máximo goleador e o mellor xogador do torneo.
Desde o semana pasada están pechadas as inscricións, logo de que se anotaran os 14 equipos requeridos para o campionato, a maioría deles da comarca da coruña.
O maratón deportivo que durará 24 horas ininterrumpidas terá lugar no polideportivo de Tarrío (Culleredo) e comezará o sábado ás 19:00 horas co primeiro encontro da liguiña (para a que se farán os sorteos de cruces nos próximos días). Os partidos disputaranse sen descanso até o domingo ás 19:00, hora prevista para celebrar a esperada final do torneo, da que sairá o equipo do gañador do premio de 1.000 euros.
Unha aposta pola xuventude, a convivencia e o deporte que, unha vez máis, é posible grazas ao esforzo dunha vintena de mozos e mozas, todos voluntarios da Asociación Castelo Deporte, que organiza este maratón de fútbol sala en colaboración co concellería de Deportes e Participación Cidadá do Concello de Culleredo.
Como vén sendo habitual en todas as actividades e proxectos da Asociación Castelo Deporte –unha das entidades máis activas e innovadoras da comarca coruñesa--, todos os partidos do maratón poderanse seguir en directo por internet vía streaming, con entrevistas e comentarios incluídos, grazas ao esforzo tecnolóxico dos voluntarios da asociación.
O ‘Castelo Non Para’ é o primeiro dunha serie de eventos deportivos que organizará nos próximos meses a Asociación Castelo Deporte e que inclúen a II edición do Descenso ao Xalo en BTT (os vindeiros 14 e 15 de abril), a Travesía Popular ao Xalo e outras carreiras e proxectos dos que pronto haberá novidades.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER