O Concello presenta un libro sobre Xaime Quintanilla Martínez

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo venres 16 de marzo, ás 20.30 h, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (R/Ramón Cabanillas, 14, O Burgo-Culleredo) o acto de presentación do libro Xaime Quintanilla Martínez: vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, da autoría de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez, e editado pola Fundación Luís Tilve.

No acto tomarán a palabra:

  • Alicia Ferreiro Varela, concelleira de Cultura do Concello de Culleredo.
  • Xesús Mosquera Sueiro, presidente da Fundación Luís Tilve.
  • Ana Romero Masiá, historiadora, autora.
  • Carlos Pereira Martínez, historiador, autor.
No acto haberá tamén unha pequena actuación musical a cargo do dúo formado por Cristina López Fraga (voz), e Inés Pérez Pardavila (guitarra), do Conservatorio de Música de Culleredo.

Con esta obra, os autores obtiveron o Premio Luís Tilve 2011 de Investigación e Divulgación Histórica.

Xaime Quintanilla Martínez (A Coruña, 1891-1936 Ferrol), foi destacado médico, dirixente das Irmandades da Fala e do PSOE, autor, actor e director teatral, narrador, xornalista, editor, crítico musical, presidente de varias entidades culturais, alcalde de Ferrol na II República e membro da Xestora da Deputación Provincial da Coruña. Foi fusilado en agosto de 1936, cando contaba con 45 anos.

El soubo combinar tres grandes valores: o do socialismo, como proxecto emancipador, económico e social; o do nacionalismo, que indica cal é o ámbito territorial, humano e cultural no que se debe actuar, e o republicanismo, como modelo de organización política do Estado.
portada do libro

Vista previaAdxuntoTamaño
CARTEL_PRES_QUINTANILLA_BURGO.pdf 48.18 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina