Culleredo acollerá mañá, domingo 1 de abril, un dos máis multitudinarios acontecementos ciclistas da comarca. A Pedalada Ártabra, organizada polo Club Ciclista Riazor coa colaboración do Concello de Culleredo, chega a súa V edición con 250 participantes inscritos, entre as que se atopa Eva Castro.
A Marcha encádrase dentro da categoría de Cicloturismo-BTT (Bicicletas Todo Terreo) sendo un exercicio físico con fines de ocio, turístico ou cultural, excluíndo expresamente a competición. Ao ser unha actividade de bicicletas de montaña o percorrido é maioritariamente por camiños, sendeiros e pistas sen asistencia de público usándose as estradas asfaltadas unicamente como tramos de enlace con outros camiños de terra.
Os participantes considerarán todo o percorrido aberto ó tráfico polo que teñen que cumprir en todo momento as normas de circulación. Como apoio, nos puntos máis problemáticos de cruces con estradas con tránsito, haberá auxiliares cos medios oportunos para a correcta sinalización do paso dos ciclistas.
Itinerario: -SAIDA: Pavillón de TARRIO (Culleredo), Concello de CULLEREDO, Desvío a camiño de terra en Rúa José Ramallo nº 27 Culleredo, Montes da Zapateira(Os Picotos, Os Madeiros, Outeiro, Toroño, As Medoñas, Folgueira, Fonte do Santo, Coto da Igrexa), CRUCE Estrada AC-0511, ORRO, Bidueiro, Pedra da Bosta, O Corgo, As Raposas, Marciñade, Pedra do Ouro, CANZOBRE, Coto de Fortesende, Coto dos Corvos, Pena Rubia, O Coto, BOEDO, Monte de Valiñas, Coto da Cabana, A CABANA, O Couso, Picuda, BREGUA, Cruceiro de Bregua, Coto de Bregua, As Viñas, Covaladróns, A Revolta, CRUCE Estrada AC-0511, CRUCE Estrada CP-3109, Camporrubio, As Regas, Pavillón de TARRIO (Culleredo) META
O percorrido, de 39 quilómetros polos montes de Culleredo e Arteixo, é duro e técnico, polo que está clasificada como unha proba de dificultade alta. Establécense dous puntos de control nos quilómetros 15,5 e 26,6 que estarán debidamente sinalizados onde se deberá pasar antes das 10:45 e 12:15 horas respectivamente, unha vez superados eses horarios será obrigatorio seguir polos camiños alternativos máis curtos que o principal, denominados ESCAPADA 1 e 2.
A saída, desde o polideportivo de Tarrío, darase ás 9.00 horas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER