Culleredo lanza a oferta de Campamentos de Verán 2012

O Concello de Culleredo anuncia a apertura do prazo para a campaña de campamentos de verán. Trátase da XIII edición das actividades que ofrecerán unha alternativa de lecer para os nenos nos meses estivais, á vez que proporcionan en servizo de conciliación que cada ano demandan os pais e nais dos pequenos.

Para tentar adaptarse ás necesidades do maior conxunto poboacional, a Concellaría de Educación estrutura os campamentos en diferentes modalidades:
  • Campamento de 5 semanas (do 26 de xuño ao 27 de xullo)
  • Campamento de 5 semanas (do 30 de xullo ao 31 de agosto)
  • Campamentos de 2 semanas:
    • Do 2 ao 13 de xullo
    • Do 16 ao 27 de xullo
Os lugares onde terán lugar os campamentos serán os seguintes:
  • Para os participantes en etapa de Educación Infantil:
    • CEIP Ría Do Burgo
    • CEIP Isaac Díaz Pardo
  • Para os participantes en etapa de Educación Primaria:
    • CEIP Tarrío
    • CEIP Sofía Casanova

O horario das actividades comprenderá desde as 9.00 até as 14.00 horas. O Concello disporá como servizo complementario a comida, en horario de 14.00 a 15.30 horas.

A concelleira de Educación, Carmen Varela, destaca a amplitude da oferta deseñada. "Queremos dar resposta ás necesidades das familias de Culleredo", apunta. Por iso, os campamentos inícianse aos días de finalizar as clases en xuño, resalta, prolongándose até o final do mes de agosto.

Os programas que se realizarán conterán actividades pedagóxicas de carácter convivencial e formativo - educativo,  nun marco no que predominan os valores de igualdade, corresponsabilidade, respecto pola contorna, ou a cooperación e que  favorezan o desenvolvemento persoal a través de talleres, saídas didácticas, xogos, etc.

As solicitudes de preinscrición presentaranse no servizo municipal de Educación (Edificio do Conservatorio municipal de música) desde o día 16 até o 20 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Os campamentos diríxense a todas aquelas familias empadroadas en Culleredo con menores matriculados en educación infantil e primaria, que necesiten conciliar a súa vida familiar e laboral. Terán preferencia para o acceso as familias empadroadas en Culleredo e aquelas que acrediten a necesidade de conciliación.
Vista previaAdxuntoTamaño
campamentos12.pdf 642.29 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina