I PLENO MUNICIPAL XUVENIL
O mércores día 11 de abril, o Salón de Plenos municipal acollerá de 10:45h. a 12:00 h. á totalidade do alumnado de 4º de educación secundaria (111 alumnos/as) do IES E. Blanco Amor, que asistirá, representado polos concelleiros e concelleiras por eles elixidos, ao I Pleno municipal xuvenil, presidido polo Alcalde, Julio Sacristán de Diego, co que Culleredo quere conmemorar o Bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812.
Os concelleiros e concelleiras de 4º de ESO, xunto coa alcaldesa, Andrea Lago Fernández, alumna de 4º C, proporán 4 temas, previamente preparados nas aulas, e que teñen que ver coas súas preocupacións como cidadáns adolescentes do século XXI: internet e as novas tecnoloxías, a crise e o traballo xuvenil, a igualdade laboral entre homes e mulleres e o deporte e o tempo de ocio.