O Concello promove unha proveitosa unión dos usuarios da Escada cos pequenos de 1º de Primaria

 
obradoiro
 
A realización dun obradoiro de papel reciclado conleva habitualmente numerosas vantaxes. Trátase dunha práctica recomendable dados os beneficios que trae para a preservación do medio ambiente e serve para ensinar o concepto do desenvolvemento sostible. Pero estes non foron os principais obxectivos que procuraba o Concello de Culleredo co obradoiro realizado hoxe no CEIP de Tarrío.

En Culleredo, en concreto no Burgo, o Concello conta cun centro ocupacional municipal, onde acoden a diario persoas con discapacidade intelectual para mellorar a súa capacitación de cara á súa inserción laboral. Unha das finalidades que se persegue consiste en dotar aos usuarios de autonomía, e que saiban desenvolverse por si mesmos.

Por iso, o goberno local promoveu a realización destes obradoiros. Os mestres foron os usuarios do centro ocupacional, quen asumiron a dirección dos obradoiros que se están a celebrar nos colexios do municipio. Hoxe chegoulle a vez a centro de ensinanza de Tarrío. Os destinatarios son os pequenos de 1º de Educación Primaria.

Os pequenos e os improvisados profesores, que recibiron no transcurso da actividade a visita da primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, desfrutaron de forma notable coa realización do obradoiro. Os segundos puxeron todo o seu esmero para que os primeiros comprendesen o proceso de creación dun papel novo a partires dos periódicos vellos.

Así, os nenos participaron en todas as fases da elaboración do obradoiro, desde facer añicos os diarios antigos ata a colocación da masa na rexilla ou ao seu prensado manual. Mentres, por quendas, uns facía este proceso, o resto da clase, guiados pola súa profesora debatían e argallaban nas vantaxes da reciclaxe, a redución de residuos e a súa reutilización.

O obradoiro forma parte dun programa impulsado polo departamento que dirixe Jabares para “conxugar as actividades para os nenos dos colexios coa formación ocupacional dos usuarios da Escada”, sinala a concelleira de Benestar. No programa participan uns 200 alumnos de 1º de Primaria de Culleredo e 15 usuarios da Escada.

“Aínda que se trata dun actividade sinxela, para nós é moi importante pois favorece enormemente aos dous colectivos implicados”, afirma. Jabares lembra que esta iniciativa de unión entre pequenos e centro ocupacional naceu hai dous anos e decidiuse manter ante a boa acollida e os bos resultados acadados.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina