O Concello e Parkinson Galicia emprenden unha campaña de sensibilización

O Concello de Culleredo e a asociación Parkinson Galicia emprenden unha campaña de sensibilización comunitaria para achegar o coñecemento da enfermidade de Parkinson á poboación. Nos vindeiros días, as dúas institucións realizarán unha serie de actividades conducentes a achegar esta doenza á sociedade cullerdense.

A campaña pretende ademais  dar a coñecer os servizos que, mediante un convenio de colaboración asinado en 2010, teñen postos en funcionamento en Culleredo. Trátase dun servizo de fisioterapia e recentemente de logopedia, con capacidade para a atención a 15 persoas.

A campaña iníciase mañá, venres 20 de abril, coa instalación dunha mesa informativa no Centro comercial Gadis Hiper de O Burgo. Desde as 10.00 horas estará disposto este punto de información, e farase unha cuestación para recadar fondos que axuden ao mantemento destes servizos de atención.

Posteriormente, o luns, 23 de abril, no Pazo de Vila Melania de Vilaboa, ás 19.00 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre a enfermidade. Rocío Sampedro, concelleira de Sanidade de Culleredo, Ana María Vidal,  presidenta de Parkinson Galicia-Coruña, xunto con Sandra García Sánchez e Belén Castro Rey, fisioterapeuta e logopeda respectivamente da asociación, participarán para abordar distintos aspectos da enfermidade de Parkinson.
 
cartel

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina