O Concello instala un punto de información turística en Coruña The Style Outlets

O Concello de Culleredo chegou a un acordo con Coruña The Style Outlets, o centro comercial instalado en Alvedro, para promocionar o turismo no municipio. A Concellaría de Dinamización Local acaba de colocar un punto de información turística no interior do recinto comercial.

Trátase dun expositor, de tipo xiratorio, que ofrecerá material informativo acerca dos principais atractivos do municipio. Poderase atopar desde información dos espazos naturais e rutas de sendeirismo que os percorren até os monumentos ou lugares de esparexemento que ofrece Culleredo.

Esta acción foi concretada entre o concelleiro de Turismo, Isidro Taibo, e Javier Torralba de la Fuente, xerente do Coruña The Style Outlets. O edil ten claro que os clientes do centro son "potenciais visitantes do municipio".

En efecto, as características do outlet fan que reciba numerosas visitas, non só de veciños de e da área metropolitana, senón tamén de toda Galicia. "O obxectivo é aproveitar esta numerosa afluencia de visitantes para dar a coñecer os recursos turísticos e as actividades do Concello?, afirma Taibo.

expositor

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina