O Concello inaugura unha exposición de debuxos e presenta dous libros de Alfredo Vázquez Casal

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo mércores 16 de maio de 2012, ás 20.30 h, na Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico “Ría do Burgo” (O Burgo – Culleredo), o acto de presentación do poemario O canto do galo e da novela Alma María. Historia de una amistad, e inauguración da exposición Curvando trazos, de Alfredo Vázquez Casal.
 
A exposición permanecerá aberta ao público ata o 16 de xuño de 2012, no seguinte horario:
  • Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.
  • Sábados: de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.
 
Alfredo Vázquez Casal naceu en 1932. Logo de ter que deixar a escola aos 12 anos, desempeñou diferentes oficios, radicándose en Madrid. Dende hai algún anos reside no concello de Cambre, volcándose agora na actividade literaria e artística.

Como debuxante, expuxo no Museo Romano de Cambre, sendo esta de Culleredo a súa primeira exposición.
 
cartel

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina