O Concello de Culleredo conmemorará o 17 de maio con artesanía e folclore galego. A praza de Europa do Burgo acollerá na mañá do xoves a Feira de Artesanía, que reunirá a unha trintena de artesáns do municipio e da área metropolitana, principalmente.
A totalidade dos postos serán de produtos artesanais: ofreceranse desde todo tipo de complementos, pasando por ilustracións, pezas feitas de resina, madeira, xabóns, até pastelaría artesá variada. A feira estará a funcionar en horario de 11.00 a 15.00 horas.
Mentres os veciños e visitantes poden descubrir estes produtos artesáns, a feira estará amenizada por diferentes actuacións en distintas modalidades para celebrar a festividade. Todas elas terán un denominador común: corren a cargo de colectivos do municipio ou de grupos de actividades organizadas polo propio Concello. Actuarán:
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER