A Concellería de Educación do Concello de Culleredo entregou os premios do “III Concurso Concello de Culleredo de Fotografía medioambiental para escolares”. Esta iniciativa pretende concienciar e sensibilizar a comunidade escolar sobre as causas, efectos e solucións asociadas ao cambio climático e a perda da boidiversidade con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
A concelleira, Carmen Varela, visitou aos rapaces para entregarlles os premios e dos diplomas conmemorativos. A edila explica que a fotografía constitúe un “medio inigualable para achegar o medio ambiente e os seus problemas aos escolares”.
O xurado concedeu, este curso escolar, os seguintes premios conforme a categoría e modalidade:
Na categoría de Educ. Primaria
Modalidade 1 (Imaxes que capturen recursos naturais de flora e fauna):
Gañador : Iván Lado Canosa coa fotografía “O espello da ría”, de 5º de Primaria do CEIP Ría do Burgo
Modalidade 2 (Imaxes de conservación ou deterioro medioambiental, que se convertan en
chamadas de atención para expresar o respecto polo medio ambiente):
Gañadora : Salma Santiso Castelos coa fotografía “A natureza tamén sofre””, de 5º de Primaria do CEIP Ría do Burgo
Na categoría de Educ. Secundaria
Modalidade 1:
Gañadora: Sabela Calviño Amor coa fotografía “Añorando el pasado””, de 3º de Secundaria del IES Blanco Amor
Modalidade 2:
Gañadora : Sonia Seijo Conchado coa fotografía “Unha ventá ao medio ambiente”, de 3º de Secundaria del IES Blanco Amor.
Os finalistas foron:
Na categoría de Educ. Primaria:
Modalidade 1:
Primeiro finalista: Daniel Valcárcel Colinos coa fotografía “Un bo descanso””, de 5º de Primaria do CEIP Ría do Burgo
Segunda finalista: Salma Santiso Castelos coa fotografía “Quremos asustar a Petra””, de 5º de Primaria do CEIP Ría do Burgo
Modalidade 2:
Primeiro finalista: Joel Franqueira Álvarez coa fotografía “Para que serven os colectores de lixo”, de 5º de Primaria do CEIP Sofía Casanova
Segunda finalista: Carlos Yeris Rodríguez Santos coa fotografía “Mellor sen ela””, de 6º de Primaria do CPR A Ponte Pasaxe
Na categoría de Educ. Secundaria:
Modalidade 1:
Primeiro finalista: Miguel Robles Seoane coa fotografía “El escarabajo”, de 3º de Secundaria del IES Blanco Amor
Segunda finalista: Sandra Barreiros Cabanas coa fotografía “A arte dos paxaros”, de 3º de Secundaria del IES Blanco Amor
Modalidade 2:
Primeira finalista:Carmen Montes García coa fotografía “Choiva ácida na laranxeira”, de 4º de Secundaria del IES Blanco Amor
Segundo/a finalista: Deserto
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER