Culleredo clausura con éxito a tempada das Aulas Abertas

A Aula de Cociña organizada polo Concello de Culleredo chegou ao seu remate cunha clausura onde as participantes expuxeron as súas creacións culinarias. Tratouse dun espazo de formación conformado principalmente por persoas inmigrantes que residen no municipio.

Na aula aprenderon a elaborar pratos de cociña de aquí. A iniciativa foi concibida para proporcionar estas habilidades ás persoas inmigrantes como punto de apoio para a súa inserción sociolaboral no país. Tomaron parte persoas de Perú, Ecuador, Colombia ou Arxentina.

A Aula de Cociña estivo enmarcada no programa de Aulas Abertas que promoveu a Concellaría de Benestar Social. Consistiu nun espazo de relación social e de realización persoal dirixido a adultos do municipio. Esta edición foi especialmente sensible coa situación actual, tanto económica coma social, e deseñáronse os obradoiros acordes coas necesidades dos diferentes sectores da poboación cullerdense.

No programa participaron dous centenares de veciños mellorando as súas habilidades de diversa índole. E é que, cun carácter eminentemente práctico, as aulas afondaron en materias de máxima actualidade, coma as novas tecnoloxías, o coidado infantil ou a economía, ademais da cociña.

O peche de Aulas Abertas contou con esa aportación gastronómica da Aula de Cociña . O balance é moi positivo. “O éxito foi rotundo e temos claro que os participantes saen cuns coñecementos adquiridos que necesitaban para a súa vida cotiá”, destaca a primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares.

Os participantes coinciden nesta conclusión. Por exemplo, as inmigrantes da Aula de Cociña  transmitiron a súa satisfacción absoluta co desenvolvemento do programa e apostaron por continuar en vindeiras edicións.


Colectivos con maior demanda de atención

Jabares resalta que se programaron obradoiros para os colectivos con maior demanda de atención. Foi o caso, ademais da cociña de aquí, o obradoiro “Diferentes pero iguais” que estivo dirixido a persoas con discapacidade intelectual, ou as Aulas do Saber e obradoiros de estimulación mental para maiores.

As Aulas do Saber rexistraron moito interese por parte de persoas que están fundamentalmente querían aprender ou reforzar as técnicas instrumentais básicas de lectoescritura e cálculo. Senten que esta aprendizaxe lles permitirá participar mais e con mais seguridade na comunidade.

O colectivo da terceira idade tamén aprendeu o manexo do móbil. O uso do teléfono móbil en conceptos coma as mensaxes, a axenda de contactos ou a toma de fotografías foron algunhas das materias. A formación e apoio a coidadores familiares, básica para coidadores de familiares dependentes e enfermos crónicos, e o obradoiro “Educar en familia”, con pautas psicopedagóxicas para familias de menores e adolescentes nos que se abordaron cuestións como a autoridade parental, a modificación de condutas ou o uso das redes sociais, foron outras das opcións.

Finalmente, e adaptado á realidade económica, o Concello creou unha actividade que promoveu o aforro na economía doméstica. Esta aula abordou en aspectos que pode reducir o seu custo a nivel individual ou familiar, coma os hábitos de consumo, o uso de marcas brancas, a redución en enerxía, telefonía, a reciclaxe, a compra de roupa, os préstamos, as hipotecas ou o uso da tarxeta.

 Coa actividade das "Aulas Abertas", sinala Jabares, preténdese facilitarlle á poboación adulta “a garantía do dereito á igualdade de oportunidades propiciando o acceso aos recursos da comunidade, cunha atención especial aos novos veciños e veciñas e aos mais vulnerables”. A edil explica que vendo a recepción acollida, o programa continuará o vindeiro curso.

A concelleira cullerdense sostén que o programa promove a súa integración social e inserción socio-laboral coa dotación de diferentes instrumentos. “Ao mesmo tempo, se establecen canles de diálogo interculturais e interxeneracionais e se favorecen as relacións interpersonais”, engade.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina