A Policía Local inicia unha campaña para controlar a tenencia de cans na vía pública

O Concello de Culleredo aposta por evitar ao máximo as molestias que puidesen xerar os cans nos espazos públicos. Con ese obxectivo, a Policía Local de Culleredo comezou o luns, 11 de xuño, unha campaña especial de vixilancia para velar que se cumpren todas as condicións de seguridade e comportamento cívico por parte dos usuarios.

Os axentes farán fincapé especialmente en dous aspectos da tenencia de cans. En primeiro lugar, nas deposiciones. Os efectivos controlarán que os propietarios dos cans recollan as defecaciones e deixen limpa a vía pública.

En segundo lugar, a Policía Local supervisará que os cans se atopen correctamente asegurados. Tal e como marca a normativa, é obrigatorio que o can vaia sempre provisto de boceira, cadea ou correa e colar coa identificación do seu propietario.

A concelleira de Seguridade, Alicia Ferreiro, explica que con esta medida preténdese "garantir a seguridade de todos vos viandantes evitando posibles riscos". Neste sentido, considera fundamental asegurar que os cans non estean soltos en prazas e parques con presenza de nenos e que non interfiran na marcha dos ciclistas.

O goberno local lembra así mesmo que os donos dos cans deben mantelos en boas condicións hixiénico-sanitarias. Ferreiro afirma que a finalidade da campaña consiste en garantir que a posesión dun can realícese "de forma responsable".

As faltas leves neste sentido son merecedoras de sancións de entre 30,05 euros e 300,51 euros. A campaña, que efectuará as patrullas da Policía Local, durará 15 días.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina