O Conservatorio de Culleredo mantén aberta a inscrición para o curso 12-13

O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo mantén aberto o proceso de inscrición no ensino dos graos elemental e profesional. As aulas do centro radicado no Burgo, o único da comarca xunto co da Coruña que ofrece ensino regulado, acollen a un total de 200 alumnos nas 12 modalidades musicais que se imparten.

O acceso ao primeiro curso do grao elemental e do grao profesional conclúe este venres, 15 de xuño. Ese mesmo día, o Conservatorio publicará as listas de persoas admitidas para a realización das probas de acceso, que se efectuarán a partir do luns 18.

No entanto, de continuar existindo demanda de acceso ao ciclo elemental, a dirección do Conservatorio abriría un prazo extraordinario de inscrición e novas probas de acceso. Por iso, o Conservatorio pide a todos os interesados que consulten no centro.

O Conservatorio conta con 33 prazas vacantes para o grao elemental e outras 33 prazas para o grao profesional. Estas vacantes poderán aumentar no mes de setembro, ben pola renuncia ou pola decisión de alumnos de non continuar pasados os exames dese mes. De feito, o ano pasado, en setembro aumentaron as vacantes até o dobre da cifra inicial.

O centro musical cullerdense permite cursar nas modalidades de acordeón, canto, clarinete, frauta, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, viola, violín e violoncello. Unha oferta variada e completa que se adapta aos centros de interese do alumnado, sinala o goberno municipal.

O Conservatorio de Culleredo finalizou este ano con maior actividade que nunca. Practicamente todas as semanas, o auditorio do centro acolleu concertos das diferentes modalidades, de libre acceso para o público. Así mesmo, celebráronse por primeira vez concertos didácticos para achegar a música aos escolares dos colexios públicos do municipio.

O goberno local móstrase moi satisfeito polo interese no ensino musical demostrado por tantas persoas e tantos pais e nais que quixeron matricular aos seus fillos no Conservatorio. O equipo de goberno destaca como factor de éxito o labor didáctico que se transmite desde o persoal docente do centro.

Vista previaAdxuntoTamaño
DATAS_CURSO_2012-13.pdf 73.05 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina