A Concellaría de Sanidade e a Asociación galega de técnicos en emerxencias sanitarias (ASGATE), desenvolverán un curso básico de primeiros auxilios e actuación ante situacións de emerxencia para persoas que integran as comisións de festas do Concello.
O curso terá lugar na Rectoral de Celas o 30 de xuño en horario de 9:30 a 13:00 h., e será impartido por Daniel Vázquez Couto de Asgate, acompañado de 5 técnicos e técnicas sanitarios mais, e María Teresa Etchevers Lemus, mediadora social do Concello de Culleredo.
A iniciativa ten como finalidade a preparación das persoas que organizan eventos de magnitude ante distintas situacións de emerxencia que se poidan presentar. No curso proporcionarase tamén información legal sobre o consumo de bebidas alcohólicas e outras sustancias, tanto para previr o consumo entre menores como en persoas adultas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER