O festival BurgoJazz comeza a súa XII edición centrado na promoción dos artistas galegos e da comarca do xénero. Serán catro xornadas que levarán a catro grupos emerxentes á Aula de Natureza do núcleo do Burgo.
Coa intención de que o festival chegue ao máximo á cidadanía, o Concello de Culleredo decidiu nesta edición sacar os concertos á exterior da aula. Así, as persoas que paseen polas proximidades xa escoitarán os acordes e voces e poderán unirse aos recitais.
As actuacións terán lugar ás 21.30 horas. Os grupos que participan son:
- Xoves 12: Rapazz Quintet
- Venres 13: Cronology
- Sábado 14: Voando libre
- Domingo 15: Xrproxet
A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a "calidade" dos artistas que participan nun festival que cumpre 12 anos con cheos en todos os concertos. "É un festival moi arraigado en Culleredo e que ademais axuda a dar a coñecer un xénero menos comercial de música", afirma.
No evento colabora a Deputación da Coruña e a asociación de veciños O Noso Burgo.