Primeira "Noite Branca" do comercio de Culleredo

A Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego, que dirixe a concelleira Marta Iglesias Becerra, dentro da súa programación anual vai a realizar un plan de dinamización comercial.

Este plan de dinamización ten como obxectivo a revitalización dos establecementos comerciais e hostaleiros do municipio, sendo unha parte importante a realización de actuacións por todas as zonas diferenciadas do concello (adaptadas ás características de cada unha delas) en diferentes fases de actuación.

Dentro da primeira fase do plan, a  Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego promoverá xunto coa Asociación de Comerciantes de Culleredo a realización da “NOITE BRANCA”. O día 20 de xullo, os establecementos comerciais permanecerán abertos dende as 20.30 a 24.00 horas, na zona centro de O Burgo: Pza. Europa, rúa Sanjurjo de Carricarte, Hersa e Avda. Galicia.

As persoas que acudan á Noite Branca, poderán atopar degustacións nos establecementos hostaleiros, así como descuentos e ofertas especiais nos comercios, ademáis de poder desfrutar de diversas actuacións musicais, agasallos e sorteos.

As empresas participantes contarán cun distintivo de globos brancos e unha alfombra rosa.
Vista previaAdxuntoTamaño
diptico_noite_branca.pdf279.5 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina