O Concello de Culleredo baixa un 7% o salario de alcalde e concelleiros

O pleno da corporación de Culleredo aprobou a proposta de redución de salarios de concelleiros e de indemnizacións por asistencia que propuxo o goberno local. O alcalde, Julio Sacristán, sinalou que esta medida foi deseñada por solidariedade cos traballadores tras o plan aprobado polo Goberno do Estado.

O Real Decreto de 13 de xullo deste ano, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, establece que en ano 2012 o persoal do sector público verá reducida as súas retribucións nas contías que corresponda percibir no mes de decembro como consecuencia da supresión tanto da paga extraordinaria como da paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes do devandito mes.

A redución é de aplicación aos membros da corporación con dedicación  exclusiva ou dedicación parcial que verán adecuado o importe das súas retribucións reducindo unha catorceava parte o importe das mesmas, é dicir, unha redución de 7,1% do seu salario.  

Con todo,  Culleredo tamén reducirá, a maiores, a contía por asistencia aos órganos do Concello. Así, os concelleiros sen dedicación, tanto os do grupo de goberno como da oposición, terá unha rebaixa do 14% nas indemnizacións para este segundo semestre do ano. Desta forma, ao aplicar o 14% de baixada por este seis meses, equipárase ao 7% do salario anual que experimentan os que teñen dedicación.

A asistencia a cada sesión plenaria (edís do goberno local sen dedicación e dos grupos políticos da oposición) pasará de 200 a 172 euros, a asistencia a xunta de portavoces de 200 a 172 euros; de xunta de goberno de 250 a 215 euros e de comisións informativa de 130 a 112 euros.

A medida inclúe que a asistencia a varias sesións dos órganos o mesmo día computarase como unha soa asistencia, percibindo neste caso só a correspondente á de maior contía. Igualmente, os edís percibirán estas retribucións a condición de que non teñan dedicación exclusiva ou parcial nin na corporación cullerdense nin en calquera outra administración pública.

Esta rebaixa nos salarios e nas indemnizacións por asistencia suporá un aforro de 32.000 euros para as arcas municipais.

 

 

 


 

 

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina